Dereitos sobre protección de datos

A normativa en materia de protección de datos permite que calquera persoa poida exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade de datos, oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

 

Dereito de acceso

A persoa afectada ten dereito a ser informada:

  • dos fins do tratamento, así como das categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios
  • do prazo de conservación dos datos, de ser posible. De non selo, os criterios para determinar este prazo
  • do dereito á solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación ao tratamento, ou opoñerse so mesmo
  • do dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control
  • a obter, cando os datos persoais non se obtiveran polo interesado, calquera información dispoñible sobre a súa orixe
  • a recibir información das garantías adecuadas se se produce unha transferencia internacional de datos
  • a obter unha copia dos datos obxecto do tratamento
  • da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfiles), a lóxica aplicada e as consecuencias deste tratamento.

 

Dereito de rectificación

A persoa afectada ten dereito a obter sen dilación indebida, do responsable do tratamento, a rectificación dos datos persoais inexactos, así como a que se completen aqueles datos persoais incompletos, inclusive mediante unha declaración adicional.

 

Dereito de supresión (dereito ao esquecemento)

A persoa afectada pode solicitar a supresión dos datos persoais cando concorra algún dos supostos contemplados na lexislación destacando aqueles casos nos que desaparecera a finalidade que motivou o tratamento, ou que os datos persoais se trataran de forma ilícita.

Exceptúase este dereito, nos casos en que deba prevalecer, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable

 

Dereito á limitación do tratamento

Permite á persoa afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:

  • se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica dita exactitude polo responsable
  • o tratamento resulte ilícito pero o interesado solicite no lugar da supresión a limitación do seu uso
  • o responsable xa non necesite os datos para o fin do tratamento, pero si a persoa interesada para o exercicio dalgún dos seus dereitos
  • o afectado exercitou o seu dereito de oposición ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre o afectado

 

Dereito á portabilidade

A persoa interesada terá dereito a recibir do responsable do tratamento os seus datos persoais, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou solicitar que sexan transmitidos a outro responsable do tratamento cando sexa tecnicamente posible.

 

Dereito de oposición

A persoa afectada pode opoñerse ao tratamento:

  • Cando por motivos relacionados coa súa situación persoal, deba cesar o tratamento dos datos, salvo que se acredite un interese lexítimo, que prevaleza sobre os intereses, os dereitos e as liberdades do interesado, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.
  • Cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnia directa.
 

Formularios para o exercicio dos seus dereitos:

 

¿Onde poderá exercitar os seus dereitos?

A persoa interesada poderá exercer os seus dereitos sen coste algún, recibindo unha resposta nos prazos establecidos no RXPD e a LOPDGDD, polos seguintes medios:

A través da presentación de modelo de “Solicitude Xenérica” que poderá ser solicitado polo Interesado en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e rexistro da Xunta de Galicia, sinalando como destinatario á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No cadro "Asunto relacionado" do formulario PR004A deberase indicar "Att. Fundación Cidade da Cultura de Galicia. EXERCICIO DE DEREITOS RELATIVOS A DATOS DE CARACTER PERSOAL.” Ao mesmo deberá de acompañar fotocopia do D.N.I que servirá para acreditar a súa identidade

Se A FUNDACIÓN DA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA tivese dúbidas razoables en relación coa identidade da persoa física que cursa a solicitude poderá solicitar a información adicional necesaria para confirmar a identidade do interesado.

A FUNDACIÓN DA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA deberá responder a solicitude no prazo dun mes dende a súa recepción. Este prazo poderá prorrogarse ata dous meses máis en caso de sexa preciso, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. O interesado, en calquera caso, será informado no prazo dun mes a partir da recepción da solicitude.

Calquera interesado tamén poderá dirixir a súa solicitude de exercicio de dereitos o Delegado de Protección de datos na seguinte dirección: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica

Para máis información: https://www.aepd.es/reglamento/derechos/index.html

 

¿Cómo pode realizar unha reclamación perante a Autoridade de Control?

No caso de que non se respectaran os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/.

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.