Clúster da función loxística de Galicia

O Clúster da función loxística de Galicia nace coa vontade de impulsar o sector loxístico galego dende dentro, entendendo que o esforzo non só beneficia ás empresas do sector, senón que supón unha vantaxe competitiva para a economía de toda a rexión.

Partindo deste enfoque, as accións do Clúster da función loxística de Galicia van encamiñadas na consecución dos seguintes obxectivos:

  • Innovar de xeito colaborativo
  • Implantar a loxística 4.0
  • Fortalecer o talento
  • Optimizar o sistema de infraestruturas
  • Favorecer a internacionalización do sistema loxístico
  • Contribuír ao liderado do Polo Atlántico

O Clúster da función loxística de Galicia acolle a toda aquela entidade que vexa na función loxística unha oportunidade de optimizar a súa actividade e a da súa contorna. A nosa misión é contribuír a unha maior eficiencia da función loxística de Galicia, promovendo a súa competitividade, cunha especial atención á innovación e á internacionalización das empresas que forman parte da súa cadea de valor.

Contacto:

Teléfono: (+34) 986 100 800 // (+34) 650 170 335

Mail: info@clusterfuncionloxistica.org

Web: www.clusterfuncionloxistica.org