Sala de prensa

 
Santiago, 16 de Maio de 2024

A Xunta inaugura na Biblioteca de Galicia a exposición Luísa Villalta, a memoria dos sons, sumándose á homenaxe este ano polo Día das Letras Galegas á escritora coruñesa. A mostra fai un repaso pola súa traxectoria dende a poesía e a narrativa ata o teatro ou a súa estreita relación coa música, ademais de facer fincapé no seu activismo social.

Santiago, 12 de Maio de 2024

A instalación inmersiva Hábitats. Natureza estendida pecha as súas portas na Cidade da Cultura o vindeiro 19 de maio cun éxito total de público. Preto de 10.000 persoas de todas as idades achegáronse a explorar coas lentes de realidade virtual os diferentes ecosistemas, animais e plantas desta aventura dixital que esgotou as entradas dispoñibles xa no pasado mes de marzo.

Santiago, 10 de Maio de 2024
Fotos: Rocío Cibes

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o director adxunto e conservador xefe da Frick Collection de Nova York, Xavier F. Solomon, mantiveron un encontro na Cidade da Cultura no que manifestaron a súa vontade de colaborar en futuros proxectos.

Santiago, 09 de Maio de 2024

A Xunta de Galicia reivindica na exposición Outras historias posibles a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século.

Santiago, 07 de Maio de 2024

A Xunta de Galicia impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC).

Páxinas