Fundación Cidade da Cultura


Proceso participativo

Con base nos traballos elaborados polo equipo da Consellaría, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia abriu un proceso de participacion cos diferentes axentes do sector cultural galego para recibir novas achegas no proceso de definición dos usos e contidos dos edificios Casa Mundo (antes denominado das Novas Tecnoloxías) e Escenario Obradoiro (antes denominado Teatro da Música).

Este proceso de redefinición articúlase a través dun consello asesor central e doutros órganos de participación: dúas mesas temáticas (Mesa da Casa Mundo e Mesa do Escenario Obradoiro), encontros sectoriais, o foro da Cidade da Cultura e un foro web. Os traballos destes espazos de participación iniciáronse o pasado 30 de maio de 2006 e rematarán ao comezo do mes de outubro.

As conclusións deste proceso sumaranse aos informes entregados polo Museo do Pobo Galego e mais o Consello da Cultura Galega, e servirán de marco de referencia para as decisións que terá que adoptar a Consellaría de Cultura e Deporte, sobre os modelos de xestión, contidos e finalidades dos colectores culturais Casa Mundo e Escenario Obradoiro.



© cidade da cultura de galicia